NO meu calendario permítese a consulta dos teus eventos: alertas (prazos, renovacións, etc.) e citas previas.
Polo momento, nesta sección poderás atopar aquelas relacionadas con: Oficinas de información e rexistro de múltiples ministerios, Dirección Xeral da Policía (DNI, pasaporte, NIE), Estranxeiría, Delegacións e Subdelegacións do Goberno (traballo e inmigración, manifestacións, asistencia xurídica gratuíta, etc.), Rexistros Civís, Administración de Xustiza, Ministerios de Educación, Agricultura, Ciencia e Innovación, Traballo (Consellerías no Exterior), IMSERSO, MUFACE, Clases pasivas, Garda Civil – Intervención de Armas.
Ao acceder a ver O meu calendario completo móstrase un calendario no que podes atopar todas as túas datas relevantes, así como unha listaxe onde podes consultar máis información de cada un dos eventos.
Así como doutros acontecementos de interese xeral.
Antes de acceder a ela podes ver os teus próximos eventos. Esta información e a dO meu calendario actualízanse de maneira automática cada pouco días. Con todo, existe a posibilidade de que a refresques manualmente un número limitado de veces ao día.
Se ao realizar ese refresco manual non se consegue actualizar a información, aparecerache a última consulta que se realizou. Por este motivo, é posible que che apareza unha icona de aviso indicando a existencia de eventos que non se actualizaron correctamente.