NOs meus datos móstrase un resumo da información persoal existente sobre ti nas administracións públicas agrupadas por materias.
A información dispoñible actualmente é:
Educación e formación
Titulacións non universitarias. Mostra as titulacións non universitarias rexistradas no Rexistro de Titulacións non universitarias do Ministerio de Educación. Máis información.
Titulacións universitarias. Mostra as titulacións universitarias rexistradas no Rexistro de Titulacións universitarias do Ministerio de Universidades.
Condición de bolseiro. Pódese consultar as convocatorias de bolsas, axudas e premios nas que constas como bolseiro por ano da convocatoria.
Matrículas universitarias. Aparecen os datos das matrículas universitarias que figuren na Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).
Formación sanitaria. Pódense consultar os datos das formacións sanitarias especializadas pertencentes ao Ministerio de Sanidade.
Certificado como formador e alumno en INAP. Pódense consultar os expedientes e certificados de formadores e alumnos no INAP.
Cidadanía
Datos de identidade e documentos. Móstranse os datos de identificación que constan na Dirección Xeral da Policía.
Eleccións. Podes consultar a inscrición no censo electoral.
Traballo e prestacións
Vida laboral. Acceso para consultar o informe de vida laboral.
Demanda de emprego e prestacións de desemprego. Indica se se está rexistrado como demandante de emprego na data da consulta e permite consultar se se está rexistrado como demandante de emprego noutra data. Tamén mostra os datos da prestación de desemprego se se dispón dela.
Certificados de prestacións de desemprego. Acceso para a obtención dos certificados.
Prestacións sociais. Consulta de prestacións públicas do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Máis información.
Rexistro Central de Persoal(Empregados póblicos da AGE e determinado persoal de universidades). Consulta de documentación rexistral e informes de expedientes.
Consulta de datos de afiliación de MUFACE. Consultar da información da afiliación á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do ESTADO (MUFACE).
Certificado de notas e de asistencia a oposicións INAP. Consulta dos expedientes e certificados de opositor.
Saúde e asuntos sociais
Dependencia. Móstranse os datos vixentes, referidos a ti, rexistrados no SAAD (Sistema de información de autonomía persoal e axuda á dependencia) á data de onte.
Discapacidade. Pódese consultar os datos de discapacidade na túa comunidade autónoma.
Historia Clínica Dixital do Servizo Nacional de Saúde (HCDSNS). Accesos á Historia Clínica Dixital do Sistema Nacional de Saúde (HCDSNS) das comunidades autónomas.
Situación persoal e familiar
Ausencia de antecedentes penais. Consulta os teus antecedentes penais e, no caso de non aparecer, permite descargar o xustificante que o acredite.
Ausencia de antecedentes de delitos de naturaleza sexual. Consulta la ausencia de antecedentes de delitos de naturaleza sexual y, en el caso de no aparecer, permite descargar un justificante que lo acredite.
Título de familia numerosa. Pódese consultar os datos de familia numerosa na túa comunidade autónoma.
Consulta de prohibicións do xogo. Consulta a túa situación no Rexistro Xeral de Interdicciones de Acceso ao Xogo da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.
Consulta de certificado literal de nacemento. Podes consultar o teu certificado literal de nacemento e descargalo.
Consulta de condición de deportista de alto nivel. Consulta a túa condición de deportista de alto nivel e as federacións ás que pertenciches.
Consulta as túas obrigas tributarias. Podes consultar se te atopas á corrente das túas obrigas tributarias.
Vehículos e transportes
Datos do condutor e saldo de puntos. Móstrase o teu saldo de puntos e os teus datos de condutor rexistrados na Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Datos de vehículos. Móstranse os datos referidos ao teu vehículo.
Vivenda
Bens inmobles urbanos. Mostra os bens inmobles urbanos rexistrados na Dirección Xeral do Catastro.
Bens inmobles rústicos. Mostra os bens inmobles rústicos rexistrados na Dirección Xeral do Catastro.
Domicilio (datos do padrón). Mostra os datos da inscrición na base patronal do Instituto Nacional de Estatística (INE) segundo o padrón municipal do teu concello.
Comunicar cambio de domicilio. Acceso para comunicar un cambio de domicilio.
Histórico de municipios. Mostra os datos da inscrición patronal do Instituto Nacional de Estáditica (INE) segundo o histórico de empadroamentos.
Transparencia
Os meus intercambios entre administracións. Móstrase datos os intercambiados entre as administracións a través da plataforma de intermediación co teu consentimento.